R ofrece datos ilimitados ao renovar o móbil

mércores, 21 de outubro do 2020 Redacción

Durante o mes de outubro R ofrécelles aos seus clientes unha promoción que permitirá gozar de datos ilimitados até o verán de 2021. Quen se acolla a esta oferta poderá dispor de datos sen límite só por renovar o seu smartphone, cunha cota mensual de 10 euros ou superior e independentemente da tarifa móbil que o cliente teña elixido ao contratar a liña móbil. Deste xeito os clientes do operador poderán despreocuparse tanto do consumo de datos en calquera lugar en que se atopen como das aplicacións que queiran utilizar en cada momento. Entre as marcas móbiles que entran a formar parte desta promoción figuran Apple, Samsung, Xiaomi e Oppo.
Unha vez transcorrido o período da promoción (até o verán de 2021) R encargarase de desactivar automaticamente o bono para que os clientes non teñan que estar pendentes diso nin facer nada.

PUBLICIDADE