R lembra que os custes da nova antenización non serán aplicábeis aos seus clientes

mércores, 31 de outubro do 2012 Fernando Sarasketa

En setembro, como lembraremos, confirmouse por parte do Goberno unha nova máis que polémica e que provocou rexeitamento entre boa parte da cidadanía. A cousa consiste no seguinte: unha cifra importante dos fogares españois vai ter que facer modificacións nas antenas de TDT para recibir o sinal, tendo que asumir eles o custo da nova antenización, aplicábel a un millón de antenas. Isto vén dado polo novo plan de dividendo dixital que permite que as operadoras usen parte do espectro radioeléctrico para achegar servizos, incluídos os vinculados á tecnoloxía 4G. Así, débese mudar o espectro para que as televisións o compartan. En liñas xerais, cómpre cambiar as canles e modificar as antenas. O operador galego R advertiu este mércores nun comunicado que a reantenización lles vai custar ás comunidades 250 euros. Tamén informa que con R non haberá que facer axuste algún nas antenas comunitarias.
A xuízo da operadora, o apagamento analóxico e a dixitalización da televisión en España volverán “supor un novo gasto para as comunidades de veciños, xa que será necesario adaptar de novo as antenas para ver unha serie de canles”. De feito, antes do 1 de xaneiro de 2014 as frecuencias entre 794 e 862 MHz usaranse para outros servizos de telecomunicacións (o 4G), polo que as canles de televisións terán que trasladarse a outras frecuencias. “Isto”, engade a operadora, “obrigará a a reaxustar toda a rede de emisores e a modificar as antenas comunitarias”.
Máis en detalle, este proceso afectará a 1,2 millóns de edificios en España e terá un custo total de 300 millóns de euros, o que supón un gasto de arredor de 250 euros por vivenda.
No caso dos clientes de R”, explican fontes do o operador galego de comunicacións por fibra óptica, “non é preciso facer ningún axuste nas antenas comunitarias para recibir as canles; de feito R envía tres tipos de sinal de televisión directamente á vivenda dos seus clientes: o analóxico, o da TDT e outro de cable (DVB-C)”. Con este último, incide, é posible dispor, sen antenas e de balde, de canles autonómicas e internacionais “sen necesidade de descodificador adicional en moitos dos novos televisores”.
Así mesmo, con R é posible acceder a oito canles analóxicas para aproveitar, igualmente, as teles máis vellas do fogar.
E explica, polo miúdo: “Aqueles que dispoñan dun descodificador de R ou DVB-C (o estándar propio da televisión por cable) nin sequera terán que realizar co seu mando unha busca das canles, xa que o operador galego realiza o cambio de frecuencias na súa central; e no caso dos clientes que reciban o sinal de TDT pola rede de R pero a través dun descodificador de TDT, si terán que volver resintonizar as canles, aínda que este proceso non implicará custe ningún”.

PUBLICIDADE