R incrementa a cifra de unidades inmobiliarias de Padrón que gozan no concello da súa fibra

xoves, 11 de marzo do 2021 S. P.

JPEG - 50 KB
Unha vista de Padrón vista na Galipedia

A operadora R fixo balance dos seus traballos recentes para facer medrar a cifra de fogares e empresas de Padrón que están en disposición de desfrutar da súa fibra óptica avanzada (FTTH), que achega accesos ultrarrápidos, Internet de até Mbps e outros servizos de telecomunicación. Segundo informou a compañía galega, os habitantes dos núcleos de Lestido, Vista Alegre, e Piñeiro, no municipio coruñés de Padrón, xa teñen este servizo ao alcance da man. En total, 84 novos fogares e negocios que se conectan por vez primeira á rede de R.
Esta cifra de unidades inmobiliarias de Lestido, Piñeiro e Vista Alegre cómpre sumala a outras 165 vivendas e empresas dos núcleos padroneses de Anteportas, Escravitude, Romarís, Tarrío e Vilar, que quedaran xa en disposición de recibir os servizos do operador galego a finais de 2020.
Os traballos levados a cabo, segundo salienta a R, aproveitaron “ao máximo as infraestruturas dos lugares”. Como resultado, arredor de 250 novos fogares e negocios poden dispoñer a día de hoxe dos servizos avanzados de teléfono, Internet de ata 500 Mbps simétricos e televisión dixital multicanle de R.
Amais cando tras o exercicio de 2021 se complete o despregamento en Padrón no marco do Plan Avanza, a localidade coruñesa contará cuns 600 novos fogares e empresas con conexión ás redes de nova xeración do operador galego.
A día de hoxe, grazas a traballos de anos anteriores, xa dispoñen de cobertura de R outros 827 fogares e empresas do municipio.

PUBLICIDADE