R estrea unha rede sen fÃos para que os seus clientes poidan acceder á Rede fóra do seu fogar
xoves, 26 de xaneiro do 2012
- Pantalla de validación que aparecerá ao conectarse á nova rede sen fÃos de R
Os clientes do operador galego de cable, R, que coma
mÃnimo teñan contratado un acceso de banda larga coa compañÃa, poden comezar a
gozar dunha interesante vantaxe cando estean fóra do seu fogar e precisen
conectarse á Internet, pois contarán cunha rede
Wi-Fi co identificador wifi_clientes_r
para acceder á Rede sen custo engadido, o que os dotará de conectividade e
tamén reducirá o seu consumo de banda larga móbil.
Ata o momento esta rede sen fÃos conta cuns 300 puntos de acceso en toda Galicia,
alà onde R conta con infraestrutura de seu, con localizacións que poden consultarse na
páxina web da compañÃa e que aspira a converterse na rede Wi-Fi máis grande
de Galicia.
Para poder acceder á Rede dende calquera destes puntos de acceso públicos será
preciso establecer unha conexión Wi-Fi coas mesmas para visitar logo algunha
páxina web, momento no que aparecerá unha pantalla de validación na que haberá
que introducir os datos como cliente de R e aceptar as condicións do servizo.
Só aceptan unha conexión simultánea por cliente, terá certos lÃmites de tempo
de acceso ao mes e advirten de que ao estar nunha rede Wi-Fi aberta é preciso
tomar certas precaucións de seguridade.
- A nova rede sen fÃos de R conta xa cuns 300 puntos de acceso