Qualcomm presenta a súa nova tecnoloxÃa de son por Bluetooth
venres, 5 de marzo do 2021
O son sen fÃos en dispositivos móbiles gañou moita
popularidade nos últimos anos, pero continúa a padecer serias deficiencias
propias das limitacións no largo de banda e na latencia nas comunicacións, existindo
numerosas tecnoloxÃas de codificación que buscan optimizar o son por Bluetooth,
sendo Qualcomm un dos fabricantes que máis ten innovado neste ámbito e agora
quere levalo un paso máis adiante coa tecnoloxÃa
Qualcomm Snapdragon Sound, que xa conta con socios como Xiaomi,
Audio-Technica e Amazon.
Snapdragon Sound agrupa unha serie de tecnoloxÃas de Qualcomm, que permiten
escoitar son de alta resolución a 24 bits a 96 KHz, con baixa latencia (89
milisegundos), emparellamento rápido de dispositivos e comunicacións de voz
nÃtidas, conseguindo asà que as experiencias de xogos e reprodución multimedia sexa
de maior calidade.
Para facer posible todo isto Qualcomm combinou numerosas das súas tecnoloxÃas,
como cancelación de ruÃdo activa, aptX Adaptive, aptX Voice, o codec Aqstic...
en definitiva, que trátase da suma das últimas tecnoloxÃas de audio de
Qualcomm, agrupadas baixo un único paraugas, para facilitar a súa identificación,
de xeito que os fabricantes poden certificar os seus dispositivos para que, se
son compatibles con estas tecnoloxÃas, poidan amosar o selo Snapdragon Sound e
que asà o público poida saber que está ante produtos que ofrecen unha boa experiencia
sonora.
Para poder gozar desta tecnoloxÃa dun xeito óptimo, o
servizo de Amazon Music HD xa luce o selo de Snapdragon Sound, ou sexa, que
os usuarios deste servizo xa unha boa fonte de contidos de alta resolución que gozar a través de Bluetooth con boa
calidade, aÃnda que cómpre salientar que son moitos os servizos que nos últimos
tempos están a contar con modalidades de subscrición para gozar de son en alta
resolución buscando asà atender ás demandas dos máis audiófilos.