Qualcomm detalla as especificacións dos Snapdragon 865 e 765
mércores, 4 de decembro do 2019
Qualcomm vén de dar detalles da nova plataforma móbil Snapdragon
865, que será a empregada polos móbiles de alta gama que saian nos
vindeiros meses, e que apostará por integrar conectividade 5G mediante un modem
Snapdragon X55 que poderÃa conseguir velocidades de até 7,5 Gbps e soportarÃa os
modos 5G NSA e SA (ou sexa, que servirÃan para a 5G actual e a futura).
Pero ter unha boa capacidade de procesamento e unhas conectividade rápida non é
o único no que destacarán os novos procesadores de Qualcomm, senón que tamén
facilitarán importantes avances a nivel de cámaras, xa que o ISP Spectra 480
permite gravar vÃdeos con calidade
profesional (4K) mentres dispara brillantes fotografÃas de 64 MpÃxeles, asÃ
como gravar vÃdeo 8K a 30 imaxes por segundo. Estes procesadores facilitarán o
uso de sensores fotográficos de até 200 MpÃxeles e incluirán soporte de gravación
de vÃdeo a 720p a 960 imaxes por segundo.
A gráfica Adreno 650 tamén abrirá grandes posibilidades a nivel de videoxogos e
realidade virtual, podendo reproducir vÃdeo en 360 graos cunha resolución 8K.
Para dispositivos máis modestos tamén estará a plataforma móbil Snapdragon
765G, que integrarÃa un modem 5G Snapdragon X52, gráfica Adreno 620 e
procesador de imaxe Spectra 355 (con soporte de cámaras de até 192 MpÃxeles e
gravación de vÃdeo a 720p a 480 imaxes por segundo, asà como gravación en 4K
con HDR), de xeito que permitirá a fabricación de móbiles de gama media con
prestacións bastante avanzadas.
Na mesma liña tamén teremos o Snapdragon
765, que serÃa unha versión que funcionarÃa a velocidades de refresco
inferiores, de xeito que estarÃa un procesador menos recomendable para
videoxogos.
Estes novos procesadores chegarán ao mercado no primeiro trimestre de 2020.