Qualcomm cancela o seu Developer Kit
venres, 18 de outubro do 2024
Estaba previsto que no mes de xuño, á vez que chegaban ao mercado os primeiros equipos comerciais con procesadores Qualcomm Snapdragon X Elite, os chamados Copilot+ PC con procesadores con arquitectura ARM, puxesen á venda un ordenador compacto de escritorio orientado ao desenvolvemento de software.
Falamos do Snapdragon Dev Kit for Windows, que tiña que terse posto á venda o 18 de xuño a un prezo de 899 dólares, prezo bastante atractivo xa que un equipo semellante de Apple custarÃa 2.374 euros.
Pero pese aos moitos desenvolvedores que indicaron o seu interese por facer cun destes equipos, Qualcomm tivo problemas na súa produción, e aos poucos que puideron realizar algún dos pedidos iniciais veñen de remitirlles unha mensaxe indicándolles que o Developer Kit non conseguiu superar os estándares de calidade que esixÃan, polo que decidiron cancelalo e devolver os cartos aos que os adiantaron.
Como alternativa instan aos interesados no desenvolvemento de aplicacións para os novos procesadores de Qualcomm a compañÃa a facer uso de equipos Snapdragon a través da nube.
Sorprende que a propia Qualcomm teña problemas para construÃr un equipo semellante un Mac mini, que poderÃa ter un grande potencial comercial no contexto actual, o que non aparece que vai acontecer a medio prazo.