Qualcomm anuncia modems 5G con velocidades de até 10 Gbps

mércores, 10 de febreiro do 2021 Marcus Fernández

Dende Qualcomm queren deixar claro que son líderes na banda larga móbil, e agora que a 5G está en plena expansión anuncian a cuarta xeración de modems 5G que abrirán unha nova era da 5G, conseguindo velocidades que multiplicarían por 100 ás das primeiras redes 4G e por 5.000 ás das primeiras redes 3G.
Os novos modems Snapdragon X65 serían os primeiros do mundo en acadar velocidades de até 10 Gbps, o que abriría moitas posibilidades para a banda larga móbil para smartphones e ordenadores portátiles, pero tamén para dar conexión sen fíos a localizacións fixas (como alternativa ás redes de cable), para crear redes privadas e para usos industriais baseados na Internet das Cousas. Qualcomm tamén acompaña este lanzamento dun modem máis modesto, o Snapdragon X62, que limita a súa velocidade máxima a 4,4 Gbps, que segue a ser unha velocidade moi elevada, que abre moitos escenarios baseados no uso da 5G para dotar dunha conectividade que até o momento só existían comercialmente en redes baseadas en fibra óptica.
Qualcomm asegura que os modems Snapdragon X65 e X62 comezarán a estar presentes en produtos comerciais a partir de finais do presente ano.

PUBLICIDADE