Quake Arena Arcade chega á Xbox 360

mércores, 15 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Hoxe chega a Xbox LIVE Arcade unha adaptación do clásico para PC Quake Arena, que permite o enfrontamento en grupos de ata 16 xogadores simultáneos en distintos modos de xogo: Combate mortal, Capturar a bandeira e Recolección.
Quake Arena Arcade conta con 12 armas (coma o fusil de lóstregos, o lanza foguetes ou a chaingun), 33 mapas clásicos, 12 escenarios exclusivos para esta nova versión (deseñados en alta definición e compatibles con pantallas panorámicas) e unha nova campaña para 1 xogador.
Este título está á venda por 1.200 puntos (14,4 euros) e ten dispoñible de balde unha versión de demostración.

Este título converteuse en todo un clásico grazas ás súas posibilidades multi-xogador

PUBLICIDADE