Bubble Bobble salta á Xbox 360
mércores, 16 de setembro do 2009
O Bazar de Xbox
LIVE recibiu hoxe todo un clásico das máquinas recreativas adaptado á
videoconsola doméstica de Microsoft, Bubble
Bobble Neo!, que pode mercarse
por 800 puntos (9,6 euros) e do que tamén hai dispoñible unha
versión de demostración de balde.
Este tÃtulo arcade consiste en percorrer distintas plataformas encerrando aos
distintos inimigos en burbullas para poder rematar con eles, permitindo esta
actualización non só participar nun modo clásico no que recrean á perfección as
100 fases orixinais do xogo, senón tamén gozar dun modo multixogador
competitivo en liña e outro cooperativo fóra de liña.
Este tÃtulo para a Xbox 360 tamén inclúe logros.