Puntogal, COETG e AETG, presentes na feira Culturgal
venres, 1 de decembro do 2023
O
COETG-AETG
(Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de
Galicia) participan un ano máis na Feira das Industrias Culturais,
a feira Culturgal (organizada pola
asociación do mesmo nome), que se celebra entre os dÃas 1 e 3
decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Farano
da man da asociación PuntoGal, ao abeiro do seu acordo de
colaboración.
O
posto propio de PuntoGal (o stand número 40) acolle este ano
unha serie de novidades con respecto ás anteriores edicións.
Ademais, de acompañarse do COETG-AETG e da cadea alimentaria
Gadis, a asociación pola visualización do galego na Rede presenta
un stand participativo onde estarán presentes as entidades e
iniciativas coas que colabora. Entre elas hainas de carácter
cultural, coma a Real Academia Galega ou o Arquivo do Patrimonio Oral
da Identidade do Museo do Pobo Galego, e tamén de Ãndole deportiva
e educativa, coma a Federación Galega de Fútbol Gaélico, as
Gaélico Escolas o programa Agasallo.eu da Coordinadora de
Traballadores/as de Normalización da Lingua, o DÃa das rapazas na
TIC, iniciativa que parte do CESGA, e a First LEGO League de Galicia.
Tamén
participan o Museo do Videoxogo (MUVI) de Cangas, a asociación
Divulgacción, que organiza monólogos de divulgación cientÃfica,
ou entidades que poñen o foco na solidariedade como a Asociación
Galega de Afectados por ELA ou a Asociación Parkinson
Galicia-Coruña.
Ademais,
tamén están presentes entidades cun papel destacado na rede galega,
coma Opentrad (o tradutor libre de galego), a Asociación de Medios
en Galego, o Clúster da Comunicación de Galicia, Videoxogo.gal,
Gciencia.gal ou a devandita
Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.