Publican un mapa de puntos de acceso Wi-Fi abertos en Compostela

luns, 1 de setembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 148.3 KB

O blogueiro José Manuel Rodríguez ten un certo interese pola localización de redes sen fíos dende que conta cun iPod Touch, pois gusta de conectarse á Rede dende redes Wi-Fi abertas, e decidiu compartir unha relación de establecementos (cafeterías, centros socioculturais, pubs…) en Santiago de Compostela, debidamente localizados nun mapa de Google, nos que un se pode conectar á Rede de balde, e convida ao público a contribuír neste catálogos de puntos de acceso.
Facer mapas con redes abertas pode ser un asunto problemático, no caso de incorporar redes particulares ou corporativas, pero ao recollerse puntos de acceso públicos non debería existir conflito de ningún tipo, senón todo o contrario, pois se dá a coñecer unha serie de lugares nos que é posible conectarse á rede dende un dispositivo de man ou portátil que conten con conectividade Wi-Fi, o que tamén serve coma promoción dos establecementos hostaleitos.
Este mapa o agradecerán os que se movan polas rúas de Compostela e queiran saber de lugares nos que poidan consultar o seu correo electrónico ou navegar pola web sen ter que facer uso das caras conexións 3G.


Ver o mapa máis grande

PUBLICIDADE