Publican a listaxe de xogos que aproveitarán a potencia gráfica da nova PS4 Pro

xoves, 3 de novembro do 2016 Marcus Fernández

O vindeiro día 10 sairá á venda a nova PlayStation 4 Pro, consola que, mantendo unha compatibilidade total coa PlayStation 4 estándar, contará cunha maior potencia gráfica para poder tirar un maior proveito dos televisores en ultra alta definición e dos cascos de realidade virtual, o que precisa que os xogos adapten o seu código, para o que recibirán actualizacións que permitirán mellorar dende a súa resolución até a súa velocidade de fotogramas, e dos que xa deron conta da listaxe inicial de xogos que estarán adaptados no lanzamento da nova consola:
Battlefield 1
Battlezone
Bound
Call Of Duty: Black Ops 3
Call of Duty: Infinite Warfare
Call of Duty: Modern Warfare Remastered
Deus Ex: Mankind Divided
Dishonored 2
Driveclub VR
EA Sports FIFA 17
Firewatch
Helldivers
Hitman
Hustle Kings
inFAMOUS First Light
inFAMOUS Second Son
Knack
Mafia III
Mantis Burn Racing
Middle-earth: Shadow of Mordor
NBA 2K17
Neon Chrome
Paragon
PlayStation VR Worlds
Ratchet & Clank
Rez Infinite
RIGS Mechanized Combat League
Rise Of The Tomb Raider
Robinson: The Journey
Smite
Super Stardust Ultra
The Elders Scrolls Online: Tamriel Unlimited
The Elders Scrolls Online: Skyrim Special Edition
The Last Of Us Remastered
The Last Of Us: Left Behind
The Playroom VR
Thumper
Titanfall 2
Tumble
Uncharted 4: A Thief’s End
Until Dawn: Rush of Blood
Viking Squad
Wheels of Aurelia
World Of Tanks
XCOM 2
Esta listaxe de xogos irase ampliando constantemente, de xeito que confíase en que a finais de ano haxa máis de 45 xogos adaptados para PS4 Pro, entre os que tamén estarían os novos Watch_Dogs 2, The Last Guardian ou Final Fantasy XV, así como os xogos que irán saíndo a primeiros do ano que vén.

PUBLICIDADE