Proxector de vídeo para iPod e iPhone

xoves, 25 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A empresa nipona Lancerlink anunciou un proxector LCOS compatible co iPod e o iPhone, de xeito que inclúe unha base para os dispositivos de Apple, servindo tanto para cargalos como para proxectar os vídeos almacenados no mesmo. Tamén integra altofalantes estéreo.
O iJector mide 195 x 145 x 96 milímetros, pesa 120 gramos e pode proxectar unha imaxe de 50 polgadas a unha distancia de 2,3 metros, cunha resolución de 557 x 234 píxeles e un brillo de 20 lumens. A vida da súa lámpada é de 30.000 horas, e aparte da súa baixa resolución, como principal desvantaxe ten que cando saia á venda o vindeiro 17 de xullo o seu prezo será de 64.800 iens (480,11 euros), polo que este produto desenvolvido en Tokío terá serios problemas para popularizarse, aínda que podería inspirar a proxectores semellantes no futuro, abrindo unha nova posibilidade para os reprodutores multimedia portátiles.

PUBLICIDADE