Proban en Francia o papel electrónico como plataforma de distribución de prensa
mércores, 23 de xullo do 2008
- O xornal Le Monde visto nun Read & Go de iRex Technologies
Os sistemas de lectura
baseados en papel electrónico xa levan bastante tempo no mercado, pero teñen
unha presenza apenas perceptible e moito potencial, polo que 7
xornais franceses decidiron lanzarse a probar solucións nesta
dirección a través dun proxecto promovido por France Télécom.
AsÃ, distribuÃron dispositivos de papel electrónico Read & Go (de iRex Technologies, filial de Philips) a 120
persoas que forman parte dun grupo de estudo, e que durante un tempo empregarán
o trebello para ler os contidos dos xornais (descargados
mediante redes sen fÃos de France Télécom).
Este tipo de dispositivos normalmente se utilizan para a lectura de libros,
pero o seu uso para a prensa resulta moi atractiva pois permitirÃa engadir
certa interactividade e mesmo a personalización da publicidade.
As probas rematarán en setembro, cando se analizará a experiencia acadada polos
usuarios, e se definirán os posibles modelos de negocio para a comercialización deste tipo de
dispositivos, que poderÃan estar apoiados por operadoras de telecomunicacións
(para a subvención dos terminais, coma tamén acontece coa telefonÃa móbil).