Privnote obtén o selo europeo de privacidade

xoves, 4 de novembro do 2010 Redacción

O servizo web gratuíto para o envío de información Privnote recibiu, de mans da Autoridade de Protección de Datos da Rexión de Schleswig-Holstein (ICPP/ULD) de Alemaña, o selo de privacidade europeo, EuroPrise. Este certificado, auspiciado pola Unión Europea e avalado por Axencias Europeas de Protección de Datos, garante que os produtos ou servizos TIC cumpren con todas as leis e regulamentos vixentes na Unión Europea en materia de confidencialidade e seguridade da información. Este certificado é o primeiro outorgado, despois de Microsoft, a unha empresa fóra de Europa.
Privnote proporciona aos usuarios unha ferramenta que protexe os seus datos persoais e a confidencialidade das súas mensaxes cando comparten información a través de Internet. Este servizo web permite crear mensaxes encriptar que se autodestrúen despois de ser lidos, garantindo que ninguén, nin sequera o destinatario, poida lelas de novo.
José Luis Rivas, director da empresa viguesa de seguridade informática, Hermes Sistemas responsable da auditoría do sistema Privnote, xunto a Fernando Ramos (LENER) sinala que «os cidadáns cada vez son máis conscientes de que calquera mensaxe que se envía a través de Internet pode quedarse escrito para sempre e é posible seguir o seu rastro ata dar co seu creador, Privnote garante a intimidade e privacidade dos usuarios».
O selo europeo de privacidade concédese seguindo un procedemento dividido en dúas fases. En primeiro lugar expertos xurídicos e técnicos realizan unha avaliación dos produtos ou servizos TIC, utilizando os estándares, os procedementos establecidos e a lexislación pola Unión Europea. Unha vez finalizada a avaliación, remítense á autoridade os informes pertinentes e, tras solicitar as aclaracións que crea oportunas, concede ou denega o selo.
O selo ten unha validez de dous anos, tras os cales é necesario re-certificar o produto ou
servizo por se houberan cambios no mesmo que precisasen reviisón. Calquera empresa que queira certificarse deberá poñerse en contacto con algún dos expertos en seguridade e privacidade da Unión Europa. España, na actualidade, só conta con 28 expertos en seguridade, dous deles en Galicia.

PUBLICIDADE