Prince of Persia chegará aos cines acompañado por un xogo multi-plataforma

luns, 11 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

JPEG - 123 KB
IGN adiantou imaxes do xogo

O xogo Prince of Persia é todo un clásico de plataformas que deu pé a unha completa saga que este ano chegará aos cines, resultando realmente curioso o feito de que a película baseada nun videoxogo vaia ter tamén a súa contrapartida electrónica da man de Ubisoft, compañía que está a traballar en Prince of Persia: The Forgotten Sands, xogo que sairá en maio para Xbox 360, PlayStation 3, PC, Wii, PSP e Nintendo DS, recuperando o espírito das entregas clásicas (lembremos que o último xogo de Prince of Persia era unha reformulación da saga que non resultou ven acollida polo público pese a ter unha factura magnífica).
O novo xogo estaría situado no universo de Prince of Persia: Las Arenas del Tiempo, que saíra para a anterior xeración de consolas de videoxogos, reinventando a súa xogabilidade e aproveitando a película que chegará na mesma data aos cines de todo o mundo.

PUBLICIDADE