Primux quere que o 70% da fabricación dos seus ordenadores teña lugar en España

venres, 28 de outubro do 2022 Marcus Fernández

Primux, a compañía con sede na Tecnópole, está a dar conta do lanzamento das súas liñas de ordenadores gaming Lynx e Draco, cos que adáptanse ás esixencias de distintos perfís de xogador, con equipos con estéticas moi diferenciadas que reflicten o nivel de potencia de cadansúa familia.
O director xeral da compañía, Daniel Rodríguez, asegura que están a esforzarse co obxectivo de que o 70% do proceso de fabricación dos seus equipos poida realizarse no territorio nacional, evitando así a alta dependencia dos fabricantes asiáticos que ten o sector actualmente.
Os equipos Iox Gaming Lynx poderían considerarse como de gama de entrada dentro do seu segmento, con procesadores Intel Core i5 ou AMD R5 5600X, 16 GB de RAM, 1 TB de almacenamento, gráficas nVIDIA RTX 3060 e 3050 con 8 GB de memoria, torren cun formato tradicional, e prezos recomendados de entre 1.458,85 e 1.644,83 euros; mentres que os Iox Gaming Draco son equipos máis esixentes, cunha liña estética moito máis agresiva, como denota a súa forma oblicua, con procesadores Intel Core i9 e i7, 32 GB de RAM, 1 TB de almacenamento e gráficas nVIDIA RTX 3070 con 8 GB de memoria ou RTX 3060 con 12 GB de memoria e prezos recomendados de entre 2.152,14 e 2.645,90 euros.

Os iox Gaming Draco con os equipos de Primux máis potentes e co deseño máis agresivo

Vídeo promocional dos equipos Iox Gaming Draco

PUBLICIDADE