Primux adianta as prestacións do seu prometedor novo smartphone

xoves, 26 de xuño do 2014 Marcus Fernández

A compañía ourensá Primux continúa a nutrir o seu catálogo de dispositivos baseados en Android 4.4, sendo a súa última novidade o smartphone Primux Sigma, que ten a vocación de converterse no buque insignia da compañía, xa que combina unhas prestacións máis elevadas ao que nos teñen afeitos dende este selo galego, que xunto cun deseño bastante elegante poden ser o factor chave do seu éxito.
O Primux Sigma ten unha pantalla IPS de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de até 32 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, GPS, sintonizador de radio FM, e batería de 2.300 mAh. A estas prestacións habería que sumar como importante novidade a incorporación de NFC e o contar cunhas cámaras de calidade, pois a cámara traseira é unha Sony de 13 Mpíxeles con enfoque automático e HDR, e a frontal de 2 Mpíxeles. Como vén a ser habitual nos smartphones de Primux, falamos dun terminal con soporte para dúas tarxetas SIM simultáneas, que tamén inclúe unha funda, un protector de pantalla e unha batería adicional.

PUBLICIDADE