Primeiro reprodutor de Blu-ray 3D de Toshiba

venres, 3 de setembro do 2010 Marcus Fernández

A aposta polas 3D nos televisores de alta gama está a levar aos reprodutores de discos Blu-ray a actualizarse para non caer no esquecemento, paso que vén de dar Toshiba co seu reprodutor DBX3100KB, que é o primeiro deste fabricante en soportar o formato Blu-ray 3D como un complemento ideal dos televisores LED da gama REGZA WL 3D.
O reprodutor de Blu-ray DBX3100KB entrega un sinal de vídeo 3D a 1.080p a 24 imaxes por segundo a través de HDMI, aínda que de combinarse con televisores compatible coa tecnoloxía REGZA-LINK contase coa vantaxe de poder unificar mandos a distancia no salón, o que tamén resulta moi práctico.
Aparte da reprodución de películas en Blu-ray, este novo dispositivo tamén soporta numerosos formatos multimedia coma imaxes JPEG de alta definición, música en MP3 e vídeo en DivX e MKV, contidos que incluso poden cargarse a través dun porto USB frontal. Ao contar con compatibilidade BD Live (Perfil 2.0) pode acceder a contidos na Rede que veñen incluídos en múltiples películas en Blu-ray para enriquecer a experiencia audiovisuais con contidos adicionais, chats e xogos.

PUBLICIDADE