Prime Video emitirá LaLIga Smartbank a partir do 1 de novembro

luns, 10 de outubro do 2022 Marcus Fernández

A explotación dos dereitos de retransmisión dos encontros deportivos dependentes de LaLiga esta ano trouxeron grandes cambios, como o curioso reparto dos encontros entre Movistar e DAZN, pero unha das grandes sorpresas era a entrada de Amazon no xogo, algo que non remataba de materializarse, e segundo declaracións de Javier Tebas, as emisións dos partidos de LaLiga Smartbank a través de Prime Video comezarán o vindeiro 1 de novembro.
Actualmente a Segunda División pode seguirse a través de Movistar, Orange, Vodafone e Telecable, ás que están a sumarse máis operadoras segundo avanza a competición, sendo o axente máis salientable Amazon, xa que é unha plataforma de streaming con grande presenza no mercado español, que até o momento non ofrecía contidos en directo en España, e o seu impacto no panorama audiovisual pode ser moi importante a longo prazo.

PUBLICIDADE