Prevese unha caÃda no gasto en móbiles en España
luns, 28 de setembro do 2020- A maiorÃa dos consultados recoñecen que tardarán máis en mudar de móbil e investirán menos cartos nos dispositivos
A relación da tecnoloxÃa coa pandemia pode parecer paradoxal,
xa que o confinamento provocou unha grande demanda de produtos como ordenadores
persoais, impresoras, webcams... dos que aÃnda non se normalizou o subministro
a nivel global, cando estamos nun tempo de incerteza económica que deberÃa provocar
unha caÃda de vendas e, en moitos casos está asÃ, de xeito que temos un tirapuxa
entre a adquisición de produtos para permitir o teletraballo e a educación a
distancia á vez que boa parte dos consumidores retrasan as súas compras
tecnolóxicas ou reducen as súas pretensións de gasto ante un futuro incerto.
Unha enquisa realiza da por Counterpoint Research desvela precisamente que en
España a situación de pandemia está a levar a que os consumidores sexan máis prudentes
e o
60% dos consultados recoñecen que o seu vindeiro smartphone será máis económico,
á vez que tamén recoñecen que agardarán máis para actualizar o seu teléfono.
Counterpoint tamén incide no feito de que Apple, Samsung, Huawei e Xiaomi son
as marcas de referencia en España, e que os factores máis importantes á hora de
mercar un smartphone son a baterÃa, o prezo e o almacenamento interno, mentres
que detalles como o paÃs de fabricación do dispositivo carecen de importante
para a meirande parte dos consumidores.