Presentan un novo lector de libros electrónicos

xoves, 28 de maio do 2009 Marcus Fernández

Durante o congreso D7 organizado polo Wall Street Journal os responsables de Plastic Logic amosaron aos asistentes o seu propio lector de libros electrónicos, un trebello que podería darlle moita guerra ao Amazon Kindle por ser moito máis delgado e substituír o seu teclado físico por unha pantalla táctil.
Tampouco falta no trebello unha conexión Wi-Fi e outra 3G, aínda que é posible que non haxa ningún terminal á venda ata o ano que vén a un prezo de preto de 500 dólares (uns 357 euros). O lector de Plastic Logic non só permitirá a lectura de documentos PDF ou PowerPoint,senón que tamén soporta ficheiros de Excel e tamén incluirá soporte para Word e Excel.

Presentación do lector electrónico de Plastic Loogic

PUBLICIDADE