Presentan os novos procesadores Tegra 4 de nVIDIA

luns, 7 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

nVIDIA presentou oficialmente durante o CES de Las Vegas o que a día de hoxe é o procesador móbil máis rápido do mercado, o nVIDIA Tegra 4, pensado para permitir que smartphones, tablets e dispositivos orientados ao lecer electrónico poidan gozar de grande potencia para poder xerar gráficos excepcionais, unha navegación web rápida e incluso disparar fotografías con máis calidade.
O nVIDIA Tegra 4 conta cun procesador gráfico con 72 núcleos, multiplicando por 6 os que contaba a gráfica do Tegra 3, o que permitirá imaxes de maior resolución e gráficos máis realistas, pero tamén destaca por ser o primeiro procesador en incluír unha CPU Cortex A15 de catro núcleos, que multiplicaría por 2,6 o rendemento de aplicacións fronte á anterior xeración de procesadores móbiles de nVIDIA.
Tamén incorpora soporte para LTE a través do procesador opcional nVIDIA Icera i500, que permite comunicacións de voz e datos 4G de grande eficiencia nun tamaño moi reducido.
Coma colofón, o procesador Tegra 4 consume ata un 45% menos que o Tegra 3, o que permitiría que un móbil con esta tecnoloxía puidese reproducir vídeo en alta definición ata durante 14 horas.

Dende nVIDIA demostraron a superioridade do seu procesador Tegra 4