Presentan oficialmente o Nokia N86

martes, 17 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

O Nokia N86 incorpora unha cámara de 8 Mpíxeles con óptica Carl Zeiss

O Nokia N86 chega para engrosar a gama media-alta do fabricante finlandés pese a que teña moitas semellanzas co N95 (que marcaba o tope de gama hai un par de anos) co seu dobre teclado deslizante (non QWERTY). O novo terminal inclúe unha cámara de 8 Mpíxeles, pantalla OLED de 2,6 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, 8 Gb de memoria interna ampliable con tarxetas microSD, radio FM, conector para auriculares estándar (de 3,5 milímetros), Bluetooth, Wi-Fi, A-GPS, HSDPA de ata 3,6 Mbps de descarga, saída de televisión, unhas medidas de 103,4 x 51,4 x 16,5-18,5 milímetros e un peso de 149 gramos.
Permite unha boa reprodución musical, soportando tamén vídeos en formato MP4 e 3GP e con codificacións H.263 e H.264. Tamén integra OVI e agárdase a súa chegada ao mercado no segundo trimestre do ano por 375 euros (sen impostos nin subvencións).

Para facilitar a reprodución de vídeos, o móbil integran un soporte para poder colocalo sobre o escritorio

PUBLICIDADE