Presentan o karaoke máis pequeno do mundo

mércores, 18 de xuño do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 41.3 KB

O fabricante de xoguetes Takara Tomy anunciou que está a desenvolver o karaoke máis pequeno do mundo coñecido coma Hi-Kara, que ten forma de cubo con arestas de 7 centímetros e un peso de 150 gramos.
O Hi-Kara ten unha pantalla de 2,4 polgadas iluminada por LED na que presenta vídeos musicais e a letra das cancións que reproduce, mentres que o usuario pode empregar este xoguete mediante uns auriculares con micrófono ou directamente con altofalantes.
Funciona con 4 pilas AAA que lle dan unha autonomía de ata 4,5 horas e as cancións se cargan en cartuchos. O dispositivo venderase a partir de outubro no Xapón a 10.500 iens (uns 63 euros), mentres que os cartuchos de cancións custarán 2.100 ou 3.675 iens (12,6 ou 22,05 euros) segundo inclúa 10 ou 20 temas musicais.

PUBLICIDADE