Presentan en Lugo o programa Muralla Dixital

mércores, 30 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Esta mañá no salón de actos do Centro de Empresas e Innovación de Lugo presentouse o programa Muralla Dixital, que busca aplicar as TIC para a posta en valor do patrimonio histórico dos recintos amurallados de cidades de Galicia e do norte de Portugal.

Entre as iniciativas do proxecto estará o aproveitamento dos móbiles para valorizar o patrimonio histórico

Este proxecto está liderado polo Concello de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, Ineo, a Cámara Municipal Valença do Minho, o Centro de Computaçao Gráfica Azurém, a Cámara Municipal de Monçao e a Cámara Municipal de Melgaço, conta co financiamento de fondos FEDER da Unión Europea e está integrado no Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, cun orzamento total de 1.883.800 euros (os que 1.412.850 euros correspóndense a fondos FEDER).
O programa Muralla Dixital aposta pola innovación e os contidos dixitais e interactivos, aproveitando as TIC para deseñar unha ruta transfronteiriza das murallas e unha estratexia conxunta para a divulgación dos contidos dixitais interactivos (con contidos que describen como 4D, e outros en 2D e 3D en pantallas táctiles). Tamén emprenderán accións complementarias para pór en valor o patrimonio a través das TIC facilitando contidos para smartphones a través de redes Wi-Fi, códigos QR e Bluetooth.

PUBLICIDADE