Presentan en China os novos Redmi Note 11
xoves, 28 de outubro do 2021
Xiaomi presentou hoxe para o mercado chinés a nova
familia de móbiles Redmi Note 11, composta polos terminais Redmi Note 11
5G, Redmi Note 11 Pro e Redmi Note 11 Pro+, e que nos vindeiros meses
probablemente se convertan en auténticos supervendas no noso territorio.
O modelo máis básico, o Redmi Note 11 5G, funcionará cun procesador MediaTek
Dimensity 810, 4/6/8 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento, pantalla LCD Full
HD+ de 6,5 polgadas cun refresco de 120 Hz, cámara traseira principal de 50
MpÃxeles e grande angular de 8 MpÃxeles, cámara frontal de 16 MpÃxeles, conector
para auriculares, emisor de infravermellos, baterÃa de 5.000 mAh con carga
rápida de 33 watts (completarÃa a súa carga en 62 minutos), e con prezos de
entre 1.199 e 1.699 iuans (161-227 euros), facendo moi accesible a
conectividade 5G.
Para usuarios máis esixentes estarÃa o Redmi Note 11 Pro, cun procesador
MediaTek Dimensity 920, 6/8 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento, pantalla
AMOLED Full HD+ de 6,67 polgadas cun refresco de 120 Hz, cámara traseira de 108
MpÃxeles, grande angular de 8 MpÃxeles e telemacro de 2 MpÃxeles, cámara
frontal de 16 MpÃxeles, altofalantes estéreo JBL con Dolby Atmos e unha baterÃa
de 5.160 mAh con carga rápida de 67 watts (cargarÃase ao 100% en só 43 minutos),
que venderase a prezos de entre 1.799 e 2.199 iuans (241-294 euros).
Por outra banda, o Redmi Note 11 Pro+ serÃa basicamente igual que o anterior
pero cunha baterÃa de 4.500 mAh que serÃa a primeira da marca Redmi en
incorporar carga rápida de 120 watts, o que permitirÃa completar a súa carga en
só 15 minutos. O seu prezo estarÃa entre os 1.999 e os 2399 iuans (268-321
euros).