Preparan uns auriculares para cancelar o ruÃdo dos ronquidos
martes, 13 de marzo do 2018
Os auriculares con cancelación de ruÃdo activa son unha solución
para quen quere escoitar música sen a molestia dos sons que haxa ao redor, pero
hai compañÃas que quixeron aproveitar esta tecnoloxÃa para conseguir illar ao
usuario de ambientes ruidosos, conseguindo un nivel de cancelación de ruÃdo que
non conseguen uns simples tapóns, como os
auriculares QuietOn que venden por 199 dólares a través de Indiegogo e que están
orientados ao seu uso en viaxes, traballo, estudo... ou sexa, para conseguir
certa tranquilidade en momentos determinados.
Pero tras o éxito destes auriculares os seus creadores consideraron interesante
preparar unha nova versión, QuietOn Sleep, que estarÃan optimizados para un uso
moi concreto: durmir ao carón de alguén que ronque, e dos que comezaron a aceptar
reservas por 109 dólares para a súa entrega a partires do mes de outubro, aÃnda
que o seu prezo comercial está previsto que sexa de 239 dólares.
Este novo proxecto de micromecenado conseguiu superar a súa meta a grande
velocidade, e dado que a compañÃa que está detrás xa conseguiu o éxito en
anteriores ocasións, é de esperar que o produto chegue sen problema aos seus
mecenas este ano con interesantes melloras con respecto á versión orixinal, xa
que reduciron o seu tamaño (un 40%) e o seu peso (un 50%), integráronlle unha
baterÃa de até 20 horas de autonomÃa por carga e o seu sistema de cancelación
de ruÃdo está optimizado especialmente para eliminar o molesto son dos
ronquidos e o son que chegue a través de paredes (polo que tamén facilitarÃa
durmir en hoteis ruidosos ou en fogares nos que se escoite demasiado a
actividade dos veciños ou o tráfico da rúa).
Cómpre salientar que os auriculares poden conmutar cun simple toque entre o modo de durmir e o de escoitar, de xeito que non hai que andar quitándoos para poder falar con outra persoa nun momento puntual, xa que a cancelación activa de ruÃdo pode desactivarse.
VÃdeo promocional dos auriculares QuietOn Sleep