Preparan unha batería de móbil que pode cargarse en só 10 minutos

martes, 4 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Aínda que os smartphones continúen a súa carreira pola velocidade dos seus procesadores e os tamaños e resolucións das súas pantallas, o seu elemento crítico continúa a ser a súa autonomía, de xeito que os avances neste ámbito tenden a ser moi ben recibidos, sorprendendo a última innovación do operador nipón NTT DoCoMo, que amosou un prototipo de batería que podería cargarse por completo en só 10 minutos.
Esta batería polo momento conéctase externamente a un móbil Android de NEC, e emprégase en combinación cun cargador de corrente que entrega entre 0,55 e 5,86 amperios, o que permite esta carga a ultra-rápida que moitos desexaríamos nos nosos móbiles, e que podería ser unha realidade no futuro.
Aparte da comodidade dun uso habitual de terminais móbiles, a posibilidade de cargas en 10 minutos tamén podería ter un grande atractivo de cara a puntos de carga públicos en aeroportos, estacións de autobús/tren... de xeito que quedar sen carga no móbil tería unha rápida solución.

A batería podería cargarse por completo en só 10 minutos


O prototipo de NTT DoCoMo visto en vivo

PUBLICIDADE