Portátil de Acer con touchpad extraÃble
venres, 17 de xuño do 2011
O novo portátil Acer
Aspire Ethos chegará ao mercado cun procesador Intel Core i5/i7, gráfica
nVIDIA GeForece GT555M, entre 500 Gb e 1,5 Tb de disco duro, pantalla de 15,6
ou 18,4 polgadas (esta última Full HD) con tecnoloxÃa anti-rabuñaduras Corning Gorilla glass, saÃda HDMI, son
Dolby 5.1, webcam de 1,3 MpÃxeles, lector de pegadas dixitais e un rechamante
touchpad de grande tamaño que pode extraerse do corpo do equipo para utilizalo
como mando a distancia, facilitando o control dunha presentación ou da
reprodución multimedia cando temos o portátil conectado a un televisor ou
proxector.
O equipo tamén conta cun botón InstantOn
Arcade, que permite que o Aspire Ethos faga un inicio rápido para permitir
a reprodución de pelÃculas e música e a visualización de fotografÃas sen ter
que iniciar completamente o PC.
Como referencia de configuración do Aspire Ethos podemos tomar o modelo
AS5943G-724G64Mn, que con procesador Intel Core i7 de 4 núcleos a 1,6 GHz,
4 Gb de RAM, 500 Gb de disco duro, gráfica ATI Radeon HD con 1 Gb de memoria de
vÃdeo, pantalla de 15,6 polgadas, Wi-Fi N, Gigabit Ethernet, Bluetooth, webcam,
baterÃa de 6.000 mAh (o que achegarÃa unha autonomÃa de ata 3,4 horas) e sistema
operativo Windows 7 Home Premium está xa á venda por 1.199 euros.
- O Acer Aspire Ethos destaca polo seu touchpad extraÃble