Portátil cunha autonomía de ata 12,6 horas

luns, 15 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Fujitsu-Siemens incorporou ao seu catálogo a súa nova familia de portátiles Biblo Loox R, que con procesadores Intel Core 2 Duo SU9300, unidade SSD de 128 Gb, pantalla de 12,1 polgadas con resolución WXGA, 2 Gb de RAM, Bluetooth, sistema operativo Windows Vista ou XP e un peso de só 1,27 quilogramos se alza como un equipo de alta portabilidade, especialmente pola súa autonomía, que en condicións ideais podería chegar ás 12,6 horas.
Isto parece posible especialmente grazas á incorporación dun software de xestión de enerxía que optimiza a duración da súa batería, e tamén coida a súa interface con detalles como o soporte de xestos no seu touchpad. Os seus prezos parten dos 179.800 iens (1.474,36 euros) no Xapón, chegando a incrementarse bastante en funcións da súa configuración.

PUBLICIDADE