Portátil con refrixeración baseada en auga

luns, 15 de decembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 56 KB

Varias semanas atrás falamos do portátil Fujitsu LifeBook N7010, que nos chamou a atención por contar, aparte dunha pantalla de 16 polgadas, unha pequena pantalla táctil complementaria de 4 polgadas, pero agora que xa está á venda sabemos que este equipo vén moi cargado, con unidade de discos Blu-ray, sintonizadora de televisión dixital, webcam de 1,3 Mpíxeles, saída HDMI, 4 portos USB, Firewire, Wi-Fi, Gibabit Ethernet, eSATA, ExpressCard/54, lector de pegadas dixitais touchpad multi-táctil, procesador Intel Core 2 Duo P8600 a 2,4 GHz, ata 4 Gb de RAM, disco duro de 320 Gb, tarxeta gráfica ATI Radeon HD 3470 con 256 Mbytes de memoria, funciona con Windows Vista e nos sorprende especialmente por incluír un sistema de refrixeración baseado en auga.

PUBLICIDADE