Portal supera os 1,5 millóns de descargas de balde en Steam
xoves, 20 de maio do 2010
Para promocionar a chegada
da plataforma de xogos Stream a Mac OS X, ofrecen o xogo Portal de balde ata o 24 de maio, e esta iniciativa está
a ter unha acollida impresionante, superando
xa o millón e medio de descargas para PC e Mac, aÃnda que sen
precisar o reparto de descargas entre ambas plataformas. O que si confirman
dende Steam é que o 11% das compras de xogos nesta plataforma durante a última
semana corresponderon xa a usuarios de Mac OS X, dos que curiosamente 2 de cada
3 empregan portátiles para xogar.
Valve está a recompilar información sobre o uso dos seus xogos para analizar o
novo escenario que ábrese ao incorporar aos Mac á súa plataforma, e que servirá
para que os desenvolvedores consideren se compensa adaptar os seus tÃtulos para
os equipos de Apple.