Porn Time, a versión máis adulta de Popcorn Time

luns, 8 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Dende TorrentFreak deron conta dunha versión da popular aplicación Popcorn Time, que en vez de centrarse en películas, series de televisión ou anime, dedícase a recoller material pornográfico, de xeito que fai doada a reprodución de contido erótico en alta definición sen pasar por caixa, deixando claro que este segmento do audiovisual tamén está moi afectado polas descargas irregulares a través da Rede.
Este novo Porn Time baséase no intercambio de ficheiros a través da rede BitTorrent para achegar numeroso contido pornográfico (provinte principalmente de páxinas web de pagamento) mediante streaming, o que supón unha grande ameaza para un negocio que xa leva anos tendo que enfrontarse a páxinas web que ofrecen contidos de balde, aos que agora súmase esta nova proposta máis prexudicial por estar descentralizada (facendo máis complicada a loita contra estas plataformas que eluden o pagamento polos contidos) e basearse o seu software en código aberto (o que permite a proliferación de versións especializadas).
A aplicación de Porn Time non só facilita a visualización de vídeos pornográficos sen completar a súa descarga, senón que tamén permite achegalos a outras pantallas a través de Chromecast, Airplay ou DLNA.

Porn Time permite a reprodución de vídeos pornográficos antes de completar a súa descarga a través de BitTorrent

PUBLICIDADE