PopBox V8, un novo reprodutor multimedia coa vista posta na Rede
mércores, 7 de setembro do 2011
Parece que os
dispositivos como o web:tv de Blusens están de moda, e asà temos que Syabas
Technology vén de incorporar ao seu catálogo o PopBox
V8, un trebello de 128 x 100 x 30,5 milÃmetros que funciona cun procesador
Sigma Design 8671 a 700 MHz, 256 Mbytes de RAM e 256 Mbytes de NAND Flash e
permite a reprodución de contidos multimedia en practicamente todos os formatos
dispoñibles a través de portos USB 2.0 ou a través de conectividade de rede
(inclúe un porto Fast Ethernet e tamén goza de Wi-Fi N grazas a un adaptador
USB externo).
Este reprodutor non só soporta os formatos de vÃdeo en alta definición en
contedores como o popular MKV, senón que tamén é compatible con imaxes de DVD e
Blu-ray, pode navegar por ficheiros .IFO e soporta subtÃtulos nos formatos máis
populares (con descarga automática dos mesmos baseándose no nome dos ficheiros).
- O PopBox V8 permite o acceso a unha tenda con 80 aplicacións
O PopBox V8 pode conectarse ao televisor por HDMI 1.3a, vÃdeo por compoñentes
ou vÃdeo composto, e para ampliar as súas posibilidades tamén ten acceso á
popular tenda de aplicacións de PopCorn, polo que abre o trebello a múltiples
servizos en liña como YouTube, Facebook, Twitter e moitos outros (cun total de
80 aplicacións).
O prezo deste dispositivo que sairá á venda a mediados de mes será de 139
euros, incluÃndo inicialmente o adaptador USB Wi-Fi N sen custo adicional.
O funcionamento do PopBox V8 puido verse en vivo na pasada edición do IFA de BerlÃn
- O PopBox V8 pode conectarse ao televisor mediante os conectores máis habituais