Pokémon chegará a iOS e Android no verán

mércores, 6 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Os xogos da saga Pokémon están ligados ás consolas de Nintendo dende a primeira Game Boy, polo que é toda unha sorpresa que anuncien no Xapón o lanzamento de Pokémon Say TAP?, un xogo musical que durante o verán contará con versións para iOS 4.3 (iPhone 3GS/4, iPod Touch e iPad) e Android 2.1 (confirmándose a súa compatibilidade co Samsung Galaxy S, o REGZA Phone IS04, o Xperia Arc e o HTC Aria). O xogo incluirá cancións do anime de Pokémon Negro e Pokémon Blanco, e sería o segundo título da saga para móbiles (anteriormente existía o Pokémate, unha aplicación de mensaxería e mascotas virtuais desenvolvida por Square Enix e compatible co móbil FOMA 900i de NTT DoCoMo.
Ao parecer Pokémon Say TAP? non será un xogo de rol como os títulos tradicionais da saga, senón que optará por unha especie de xogo de cargas Pokémon no que o reto será seguir o ritmo da música. Polo momento descoñécese se chegará a saír do Xapón.

PUBLICIDADE