Pokémon Go prepárase para a súa meirande actualización
luns, 19 de xuño do 2017
Durante a xornada de hoxe os ximnasios do xogo Pokémon
Go botaron o peche temporalmente para preparar a meirande actualización
do xogo dende o seu lanzamento, o que pode supor un grande pulo para unha
aplicación móbil que para moitos xa pasara ao esquecemento, xa que en breve os
adestradores Pokémon de todo o mundo poderán participar nunha experiencia
renovada que incluirá a
posibilidade de xuntarse con outros adestradores para loitar contra poderosos
Pokémon na nova caracterÃstica de Incursión.
Os ximnasios van experimentar un cambio radical, de xeito que permitirán xirar
o Fotodisco para adquirir obxectos como nas Poképaradas, pero tamén mudarán o
xeito de organizarse, de xeito que xa non se basearán en prestixio e formación,
senón que terán 6 posicións permanentes que poderán completarse cos Pokémon do
equipo en control (que deben ser diferentes) e os equipos opostos poderán
loitar cos Pokémon na orde na que se asignaron ao ximnasio.
A actualización que recibirá Pokémon Go
tamén conta cun novo sistema de motivación, de xeito que cando se asigna un
Pokémon a un ximnasio, amosarase un medidor de motivación que irá caendo co
tempo ou ao perder batallas, sendo cada vez máis susceptibles de seren
derrotados, polo que os adestradores deberán procurar manter a motivación dos
Pokémon alimentándoos con bagas, xa que de caer a motivación a cero o Pokémon
abandonará o ximnasio e volverá ao seu adestrador.
Tamén poderase gañar medallas de ximnasio ao interactuar con varios ximnasios
de todo o mundo, de xeito que teremos recordos das aventuras no xogo e tamén
servirán para representar a contribución que cadaquén fai ao éxito dun
ximnasio.
A grande novidade, a función de Incursión, consistirá nunha experiencia
cooperativa de xogo que anima a traballar virtualmente con outros adestradores
para derrotar a Pokémon extremadamente poderosos (os coñecidos como xefes da
incursión). Antes de comezar unha incursión os Pokémon asignados ao ximnasio
volverán aos adestradores e un ovo grande aparecer sobre o ximnasio e, tras
unha conta atrás, revelarase o xefe da incursión ao que haberá que derrotar.
Para poder participar será preciso contar cun pase de incursión (os xogadores
recibirán un pase de balde cada dÃa visitando un ximnasio, aÃnda que tamén será
posible mercar pases na tenda do xogo). En cada incursión poderemos contar coa
axuda de até 20 adestradores e, se derrotar ao xefe da incursión en 5 minutos
teremos a oportunidade de capturar un Pokémon máis forte do normal. Tamén se
recibirán recompensas entre as que hai numerosos obxectos novos.
Tras a parada por mantemento dos ximnasios haberá que agardar varias semanas
para poder gozar das incursións, que chegarán gradualmente aos ximnasios de
todo o mundo.