PocketBook estrea un lector de libros electrónicos con pantalla a cor de 7,8 polgadas
martes, 16 de febreiro do 2021
Dende
hai uns meses está no mercado español o lector de libros electrónicos PocketBook
Color, cunha pantalla de 6 polgadas con tecnoloxÃa E Ink Kaleido que
permite reproducir até 4.096 cores, o que abrÃa novas posibilidades aos lectores
de libros electrónicos, e este fabricante quixo avanzar nesta liña de produtos
e achega agora o PocketBook
InkPad Color, dispositivo que incorpora unha nova xeración da tecnoloxÃa de
tinta electrónica Kaleido e que chama especialmente a atención polo seu tamaño
de 7,8 polgadas, co que pode converterse nun dispositivo máis válido para usos
como a lectura de informes financeiros ou incluso de publicacións de banda deseñada
(aÃnda que a cor destas pantallas está aÃnda lonxe do que pode conseguir unha
tableta).
Este novo dispositivo soporte 19 formatos de libros electrónicos, 4 de gráficos
e 6 de audios (facilitando a escoita de audiolibros a través de Bluetooth), conta
cun almacenamento interno de 16 GB ampliable mediante tarxetas de até 32 GB; a
súa pantalla conta con iluminación frontal (evitando asà os problemas que trae
sobre a vista a retroiluminación das pantallas); e o seu peso queda nos 225
gramos, polo que estamos ante un produto bastante interesante, que pode adquirirse
por 299 euros, ten unha eiva que cómpre salientar: aÃnda que a pantalla de
7,8 polgadas presente unha resolución de 1.404 x 1.872 pÃxeles, estamos a falar
da resolución en grises (300 puntos por polgada) mentres que en cor baixa até
os 468 x 624 pÃxeles (100 puntos por polgada), dando a entender que para as
obras con grande carga gráfica non serÃa o produto máis axeitado, aÃnda que
para os amantes dos eReaders pode resultar atractivo polo que xeneroso tamaño e
pola súa innovación.
VÃdeo promocional do PocketBook InkPad Color