PlayStation VR2 chegará en febreiro a 599,99 euros
mércores, 2 de novembro do 2022
Tras desvelar as
especificacións e o deseño
de PlayStation VR2, o
pasado verán anunciaron que o sistema de realidade virtual para PlayStation 5
chegará ao mercado en 2023, e finalmente por fin detallan
este agardado lanzamento: PlayStation VR2 chegará chega o 23 de febreiro de
2023 por 599,99 euros, abrÃndose as reservas o vindeiro dÃa 15 a través de
distintos distribuidores.
O novo casco de realidade virtual poderase adquirir por separado por 599,99
euros ou incluÃndo Horizon: Call of the Mountain por 649,99 euros,
podendo mercarse unha estación de carga por 49,99 euros. Prevese que de
lanzamento haxa máis de 20 tÃtulos de realidade virtual para PS5.
Estamos asà ante unha solución de realidade virtual comparable ás que podemos
ver en PC, pero cun prezo bastante elevado para o hardware externo (o seu
competidor máis directo, Meta Quest 2, ten un
prezo de partida de 449,99 euros incluÃndo o xogo Beat Saber), aÃnda que
serÃa unha das achegas máis económicas a unha experiencia deste tipo, xa que o
equipo principal é unha consola PlayStation 5, moito máis económica que un
ordenador gaming co que poder mover grandes tÃtulos de VR para PC.
PlayStation VR2 está baseado nun casco con sensores de movemento que integra un
panel OLED cunha resolución de 2.000 x 2.040 pÃxeles por ollo e unha velocidade de refresco de 90/120 Hz que
ofrece un campo de visión aproximado de 110 graos, e está acompañado por mandos para cadansúa
man, que detectan os movementos en 6 eixes e integran retroalimentación
háptica, polo que poden ofrecer unha experiencia moi inmersiva.
Practicamente o único pero que pode pórse a este hardware é que o casco teña
que conectarse á consola mediante un cable USB-C (mentres que a solución de
Meta pode funcionar sen fÃos), recaendo no software a responsabilidade de que
esta plataforma de VR trunfe, xa que serán as experiencias virtuais as que
terán que cativar ao público.