Plastic Logic presenta un novo eReader orientado a escolares
luns, 12 de setembro do 2011
O fabricante de
lectores de libros electrónicos Plastic Logic anunciou hoxe un interesante
produto ao seu catálogo, o lector Plastic
Logic 100 for Education, un dispositivo desexado pensando nas necesidades
de estudantes e docentes. O trebello permite que os estudantes poidan levar,
acceder e consultar todos os seus libros de texto dun xeito moi efectivo, sen
ter que cargar cunha pesada mochila, xa que este lector cunha resistente pantalla
de 10,7 polgadas (cunha resolución de 1.280 x 960 pÃxeles) ten un grosor de só
7,65 milÃmetros e un peso de só 475 gramos.
O Plastic Logic 100 permite ler os textos como se estivesen impresos en papel (incluso
baixo a luz do sol), poden controlarse directamente a través da súa pantalla
táctil (tanto para pasar as follas dos libros como para subliñar ou rexistrar anotacións
a través dun teclado virtual) e a súa baterÃa achega unha elevada autonomÃa (só
serÃa preciso cargalo unha vez á semana).
O novo dispositivo está xa en probas en varios centros educativos rusos, paÃs
no que sae á venda por 12.000 rublos (290,03 euros) con 4 Gb de memoria interna
e sistema operativo Windows CE.
- O novo eReader presenta unha grande pantalla táctil, peso lixeiro e excelente autonomÃa, converténdoo nun produto ideal para estudantes