Plants vs. Zombies chega ás consolas de Microsoft en forma de shooter
martes, 25 de febreiro do 2014
AÃnda que Plants vs.
Zombies e Plants vs. Zombies 2
son auténticos referentes en dispositivos móbiles dentro do xénero da
estratexia en tempo real (concretamente na categorÃa dos tower defense) o carisma dos seus personaxes levou a que PopCap
decidise introducilos nun xogo de acción, Plants
vs. Zombies: Garden Warfare, que converte o xardÃn nun escenario de
guerra no que se enfrontan ata 24 xogadores que se reparten entre o bando das
plantas e o dos zombis como nos shooters
máis tradicionais, pero primando o humor e a diversión. O xogo tamén inclúe
modo cooperativo en liña para 4 xogadores.
Esta curiosa proposta estreouse
hoxe nos EE.UU. en versión para Xbox 360 e Xbox One, chegando a España mañá
mesmo en formato descargable, mentres que os usuarios de PC deberán agardar
varios meses para poder gozar dun tÃtulo que, pese a ter unha formulación
bastante ridÃcula, promete achegar moita diversión.
Cómpre
detallar que a versión para Xbox One desta entrega da franquÃa de meirande
éxito de PopCap conta con dous modos exclusivos: cooperativo en pantalla
partida e sistema de xogo con Xbox SmartGlass e Kinect no modo xefe.
Trailer de lanzamento (estadounidense) do xogo