Plants vs. Zombies 2 estréase en Google Play

xoves, 3 de outubro do 2013 Marcus Fernández

A chegada de Plants vs. Zombies 2 está a ser moi lenta para moitos seareiros da saga de PopCap Games, pois tras aparecer a súa versión para iOS a primeiros de xullo na App Store dos nosos antípodas houbo que agardar ata mediados de agosto para poder descargar o xogo dende España, e non é ata hoxe cando os usuarios de dispositivos con Android que poden descargar o xogo de balde a través de Google Play, ofrecendo as mesmas funcionalidades que a versión para iOS, así como o seu modelo de negocio: estamos ante un xogo Free-to-Play, no que podemos adquirir elementos dentro do xogo con cartos reais, facilitando potenciadores e o desbloqueo de novos mundos.
O xogo está localizado en inglés, francés, italiano, alemán, portugués (de Brasil) e español, funciona con dispositivos con Android 2.3 que teñan como mínimo un procesador ARM 7 a 1 GHz e 1 Gb de RAM, e ten toda a pinta de converterse no xogo máis descargado para Android durante as vindeiras semanas.


Un dos trailers dos xogo

PUBLICIDADE