Plantas contra Zombis chega á Xbox 360

xoves, 9 de setembro do 2010 Marcus Fernández

O xogo Plantas contra Zombis converteuse en todo un fenómeno ao saltar do PC ao iPhone, acadando un importante éxito e uns beneficios excesivamente elevados para un xogo descargable, que ao trasladarse ao iPad mellorou considerablemente os seus gráficos, mellorando a súa sona, e avanzando nesta liña chega esta semana ao Bazar Arcade de Xbox LIVE a un prezo de 1.200 puntos (14,4 euros), contando tamén cunha versión de demostración de balde para poder botar un ollo a este aditivo e simpático xogo de estratexia en tempo real.
A nova versión de Plantas contra Zombis ten gráficos en alta definición (1.920 x 1.080 píxeles) e multitude de modos de xogo: modalidades de xogo individual (aventura, puzzle, minixogos, desafíos e birlos), modos cooperativos e un novo modo versus (permite desafiar a un amigo, tomando un dos competidores o papel das plantas e o outro o dos mortos viventes). A versión de Xbox 360 tamén estrea un minixogo novo que consiste en mover un lanzafeixóns de lado a lado coma se fose unha arma pesada.
Completa o xogo unha táboa de clasificacións interactiva, a posibilidade de consultar a taboa de clasificación da veciñanza e o xogador pode facerse con adornos para decorar o seu xardín superando logros ornamentais.

PUBLICIDADE