Planeta Santiago agrupa nunha web a distintos blogs creados en Compostela
venres, 11 de abril do 2008
O pasado verán naceu CoruBlogs
coma un punto de encontro para os blogueiros coruñeses e, na mesma liña, onte
naceu Planeta Santiago, un agregador
de blogs composteláns creado tras un encontro de blogueiros coñecido coma Blogs
& Beers & Grelos, e que xuntou a distintos creadores de bitácoras
de Internet para compartir experiencias.
Calquera persoa que conte cun blog que se faga dende Santiago de Compostela
pode solicitar a súa incorporación nesta nova web, de xeito que se replicarán
na mesma as súas anotacións. Tamén aceptan a
presenza de infiltrados, ou sexa, de blogueiros que aÃnda que non
escriban dende Santiago si participen nos encontros presenciais.
Este novo espazo serÃa a consolidación dunha iniciativa anterior de José Manuel
RodrÃguez, que inspirado en Planet
Granada intentou replicar a idea dende Santiago hai cousa de 2 anos. Desta volta parece
que terá máis éxito, aÃnda que sorprende a pouca presenza de blogs en galego,
dando a impresión de que está comunidade está máis orientada á blogosfera que
ao blogomillo.