Pioneer anuncia un navegador GPS para a bicicleta

mércores, 26 de outubro do 2011 Marcus Fernández

JPEG - 86.2 KB
O PotterNavi ten unhas dimensións de só 9 x 6 x 1,8 centímetros

Pioneer presentou onte o seu PotterNavi, un navegador GPS pensado para o seu uso en bicicletas, que conta cunha pantalla LCD de 2,4 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, soporte de ANT+, sensor de aceleración, porto USB, conectividade 3G e unha autonomía de 10 horas, que non só amosa mapas e indicacións para chegar a lugares de interese, senón que tamén dá consellos sobre un uso saudable da bicicleta (informando sobre o consumo enerxético da nosa actividade na bicicleta), pode amosar os metros percorridos ou información recollida a través de dispositivos ANT+ e mesmo pode rexistrar información dos nosos paseos para poder gardalos logo no ordenador ou incluso subilos á web para compartilos con outros usuarios (útil tanto a xeito de diario como para dar a coñecer rutas de interese).
Este navegador GPS soporta salpicaduras, po e vibración (IPX5), mide 90 x 60 x 18 milímetros, pesa uns 100 gramos e chegará ao mercado nipón en febreiro de 2012 a un prezo de 40.000 iens (378,40 euros), agardándose a súa chegada a Europa antes do verán.

JPEG - 101.1 KB
O navegador pode levarse sobre o guiador da bici

PUBLICIDADE