Philips recupera a súa radio de 1955

xoves, 14 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Para revivir os vellos tempos Philips pon á venda Radio Original, un receptor de radio inspirado no deseño da popular radio que comercializara a compañía holandesa en 1955, pero incorporando o último en tecnoloxía, de xeito que pode recibir tanto radio FM como radio dixital (DAB+), contando cunha grande pantalla LCD retroiluminada (na que tamén podemos ver a hora) e unha entrada de audio para poder empregar o dispositivo como uns elegantes altofalantes externos que dan un toque clásico ao fogar.
Este receptor de radio con sintonización automática, 30 presintonías e altofalantes Bass Reflex porase á venda o vindeiro día 1 a uns 230 euros. Tamén estará dispoñible nunha versión que integra unha base para iPhone/iPod.

A Radio Original tamén está dispoñible nun modelo con base para iPhone/iPod

PUBLICIDADE