Philips pon á venda en China un smartphone con baterÃa de 5.300 mAh
luns, 21 de abril do 2014
AÃnda
que non estamos afeitos a ver a Philips como un fabricante de móbiles, resulta
difÃcil non destacar o último smartphone que vén de pór á venda en China, o Philips W6618, que pese a ter
unhas prestacións bastante modestas (pantalla de 5 polgadas cunha resolución de
960 x 540, procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de
almacenamento ampliable mediante microSD, cámara traseira de 8 MpÃxeles e
sistema operativo Android 4.2) consegue chamar a atención ao incorporar unah
baterÃa de 5.300 mAh, chegando a superar en capacidade a moitos tablets do
mercado, pese a ter un tamaño moi inferior, polo que é de prever que teña unha
autonomÃa extraordinaria sen ten un grosor excesivo (11,4 milÃmetros).
Este smartphone con dobre SIM e conectividade WCDMA/GSM poderÃa aguantar un par
de meses en espera e preto de dÃa e medio en conversa, e o seu prezo oficial é
de 1.699 iuans (197,28 euros). Un dispositivo que parece responder mellor ás
demandas do público que a meirande parte dos smartphones que as compañÃas empregan
como buques insignia.