Pesar polo pasamento do profesor e director do CITIC VÃctor GulÃas
luns, 30 de xaneiro do 2012
- Imaxe dunha das viaxes de VÃctor GulÃas publicada no seu perfil de Facebook
O
pasado dÃa 28 aos seus 41 anos de idade deixounos un dos grandes referentes
da formación e a investigación tecnolóxica en Galicia, o profesor VÃctor GulÃas Fernández,
actual director do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as
Comunicacións (CITIC), profesor titular da Facultade de Informática da
Universidade da Coruña e socio fundador de LambdaStream, empresa nacida na UDC
e que desenvolvera unha solución de vÃdeo baixo demanda demostrando a
capacidade de innovación que é posible dende Galicia.
GulÃas tamén destacaba polo seu espÃrito emprendedor, pois xa estaba
involucrado nun novo proxecto, Syntheractive,
outra spin-off da UDC que está a
desenvolver unha plataforma para crear contidos televisivos 2D e 3D
interactivos.
Na Internet tamén podemos atopar moitas mostras de pesar por parte dos seus
antigos alumnos, pois o seu xeito de impartir a docencia era sempre
refrescante, no que moitos vÃan como o futuro da formación universitaria en
Informática. A súa ausencia deixarase notar.
ACTUALIZACIÓN: O CPEIG únese ao pesar polo inesperado falecemento de VÃctor GulÃas.
- VÃctor GulÃas xunto ao seu socio en LambdaStream, Miguel Barreiro, nunha fotografÃa publicada no CiberPaÃs