Periscope terá anuncios en pre-roll

martes, 28 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Un dos grandes retos dos emerxentes formatos audiovisuais a través do móbil é atopar canles para poder tirar proveito económico dos mesmos, de xeito que cada plataforma está a explorar xeitos de explotar os seus vídeos en directo publicitariamente, e nesta liña Twitter anuncia que os editores e creadores que busquen sacar cartos dos seus contidos en directo poderán comezar a ofrecer en Periscope anuncios en pre-roll.
Os anuncios pre-roll en vídeo de Periscope permitirá que as marcas asocien as súas mensaxes a retransmisións de creadores e editores, de xeito que antes de comezar a ver unha emisión en vivo veremos un pequeno anuncio. Temos así unha oportunidade moi importante para anunciantes e creadores de contido, de xeito que as grandes marcas terán uns espazos seguros e atractivos dende os que lanzar as súas mensaxes, mentres que os editores premium poderán obter ingresos do seu traballo para Periscope (na liña do que estaban a facer en YouTube).
Este novo formato publicitario irase introducindo paseniño, xa que polo momento estará restrinxido a unha selección de anunciantes e só a uns poucos creadores.

PUBLICIDADE